viernes, 14 de noviembre de 2014

Kepler.



 Johannes Kepler, nacido o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e morto o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura crave na revolución científica

É coñecido, polo descubrimento das leis sobre o movemento dos planetas que plasmou nas súas obras Astronomía Nova e Harmonices MundiTamén proporcionou unha das bases para a teoría da gravitación universal elaborada por Isaac Newton

Durante a súa carreira, Kepler foi profesor de matemáticasTamén realizou un traballo fundamental no campo da óptica, campo no que destacou por inventar unha versión mellorada do telescopio refractor, o telescopio de Kepler, e axudou a lexitimar os descubrimentos telescópicos de Galileo Galilei.

        TRACXETORIA:                      

Levou a cabo a revolución heliocéntrica no Renacemento, a través da formulación das chamadas tres leis fundamentais da mecánica celeste, as Leis de Kepler. Dedicouse tamén ao estudo da óptica

En defensa da astroloxía, publicou Tercius interveniens, onde critica aqueles que atacan a astroloxía polo seu aire supersticioso e non a distinguen da astroloxía como cosmoloxía. Kepler defendía a astroloxía como cosmogonía, como explicación do modo como se procesan as relacións entre astros e acontecimentos terreos, dentro do ámbito da actuación divina. 

           LEIS DE KEPLER:              

As leis de Kepler son unhas formulacións redactadas por Johannes Kepler logo dunha análise meticulosa dos excelentes dados astronómicos obtidos por Tycho Brahe. As leis son relativas ao movemento planetario, sobre a traxectoria seguida polos planetas arredor do Sol
  • Primeira Lei (1609): Todos os planetas desprázanse arredor do Sol describindo órbitas elípticas, estando o Sol situado nun dos focos
  • Segunda Lei (1609): O radiovector que liga un planeta co Sol describe áreas iguais en tempos iguais (lei das áreas).
  • Terceira Lei (1618): O cadrado do seu período orbital (T) -tempo que tarda en completar unha volta arredor do Sol- é directamente proporcional ao cubo da distancia media ao Sol: T^2=CR^3 onde C é unha constante de proporcionalidade. 
O modelo de Kepler é heliocéntrico. O seu modelo foi moi criticado pola falta de simetría que constaba no feito de o Sol ocupar un dos focos da elipse e o outro simplesmente ser enchido co baleiro.


 



No hay comentarios:

Publicar un comentario