viernes, 22 de mayo de 2015

Células nai.


O outro día estivemos falando sobre as células nai, e como non sabía moito deste tema quixen aprender máis. Vexoo un tema interesante e curioso.

 O corpo humano contén diferentes tipos de células que sdon importantes para a nosa saúde diaria. Estas células son responsables de manteren o noso corpo en mantenemento e sostible, para que cada función do noso corpo funcone correctamente, como por exemplo os riñóns, que fagan ben a súa función de depurar ben a sangue. A función das células nai é a de formar ese tipo de células e polo tanto tamen axudan a proveer outras células, estas células cando se dividen poden crear outro tipo de células. Por exemplo, as células nai de la pel poden formar máis células madre de pel ou tamen poden formar células diferenciadas da pel que teñen traballos máis  específicos como producir o pigmento de melanina.

Cando unha de estas células se  lesiona ou enferma, as outras células dañanse. Cuando esto ocurre, as células nai activanse.As células nai teñen a tarea de reparar os texidos dañados e sustituir as células que morren. De esta maneira as células nai manteñenos sans e impiden o envellemento prematuro. As células nai son como un exército de médicos microcópicos, xa que actúan así no noso corpo, intentando salvar os orgános para manter o corpo san. 

As células nai veñen en moitas formas diferentes, creese que cada pesoa ten tipos distitintos. Por exemplo, o noso sangue vén de células nai do sangue, coñecidas como hematopoiéticas. As células nai tamén están presentes durante as etapas temperás do desenvolvemento humano, e cando os científicos cultivan stas, denomínanse "células nai embrionarias". A razón pola que os científicos están entusiasmados coas células nai embrionarias é que o traballo natural das estas celulas é o de construír todos os órganos e tecidos no corpo durante o desenvolvemento humano. O que isto significa é que as células nai embrionarias, a diferenza das células nai adultas, poden ser dirixidas potencialmente á formación de case calquera outro tipo dos centos que existen de células humanas. Mentres que a célula nai sanguÍnea só pode formar sangue, unha célula nai embrionaria pode formar sangue, óso, pel, cerebro, e así sucesivamente. Ademais, as células nai de embrións son programadas pola natureza para formar tecidos e mesmo órganos, mentres que as células nai adultas non o son. Isto significa que as células nai embrionarias teñen unha maior capacidade natural para reparar os órganos enfermos. As células nai embrionarias prodúcense a partir de embrións duns poucos días de idade, sobrantes de tratamentos de fertilización in vitro, material que se non é utilizado é desfeito.

Os científicos e os médicos están entusiasmados con este novo tipo de células nai chamadas células "iPS". A razón de ese entusiasmo é que as células iPS teñen case as mesmas propiedades que as células nai embrionarias, pero non proveñen dun embrión. Polo tanto, non hai consideracións éticas con respecto ás células iPS. Ademais, as células iPS prodúcense a partir de células somáticas do propio paciente, o que significa que as células iPS poderían ser devoltas ao paciente sen risco de rexeitamento inmunolóxico,isto forma parte de un dos maiores problemas cando se trata do transplante de células nai. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario