O outro día estivemos falando sobre as células nai, e como non sabía moito deste tema quixen aprender máis. Vexoo un tema interesante e curioso.


As células nai veñen en moitas formas diferentes, creese que cada pesoa ten tipos distitintos. Por exemplo, o noso sangue vén de células nai do sangue, coñecidas como hematopoiéticas. As células nai tamén están presentes durante as etapas temperás do desenvolvemento humano, e cando os científicos cultivan stas, denomínanse "células nai embrionarias". A razón pola que os científicos están entusiasmados coas células nai embrionarias é que o traballo natural das estas celulas é o de construír todos os órganos e tecidos no corpo durante o desenvolvemento humano. O que isto significa é que as células nai embrionarias, a diferenza das células nai adultas, poden ser dirixidas potencialmente á formación de case calquera outro tipo dos centos que existen de células humanas. Mentres que a célula nai sanguÍnea só pode formar sangue, unha célula nai embrionaria pode formar sangue, óso, pel, cerebro, e así sucesivamente. Ademais, as células nai de embrións son programadas pola natureza para formar tecidos e mesmo órganos, mentres que as células nai adultas non o son. Isto significa que as células nai embrionarias teñen unha maior capacidade natural para reparar os órganos enfermos. As células nai embrionarias prodúcense a partir de embrións duns poucos días de idade, sobrantes de tratamentos de fertilización in vitro, material que se non é utilizado é desfeito.
Os científicos e os médicos están entusiasmados con este novo tipo de células nai chamadas células "iPS". A razón de ese entusiasmo é que as células iPS teñen case as mesmas propiedades que as células nai embrionarias, pero non proveñen dun embrión. Polo tanto, non hai consideracións éticas con respecto ás células iPS. Ademais, as células iPS prodúcense a partir de células somáticas do propio paciente, o que significa que as células iPS poderían ser devoltas ao paciente sen risco de rexeitamento inmunolóxico,isto forma parte de un dos maiores problemas cando se trata do transplante de células nai.